RFG · CINEUROPA · O HEROE DO RÍO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

CINEUROPA

Timothy Brock, director

Steamboat Bill, Jr. (O heroe do río)
Directores do filme: Buster Keaton e Charles Reisner (EUA, 1928)
Música: Timothy Brock (2003)

O HEROE DO RÍO

A cita anual de Cineuropa coa Real Filharmonía de Galicia vén este ano da man de Steamboat Bill Jr. (en galego traducida como O heroe do río), o filme que en 1928 dirixiron Charles Reisner e Buster Keaton, quen tamén a protagonizou. Para esta comedia muda, o director e compositor Timothy Brock escribiu, en 2003, unha banda sonora na que pasea pola ironía, a dozura e a extravagancia da película, a través dun traballo orquestral cheo de matices. Como o propio compositor manifesta, compoñer música para Keaton demanda pensar moito na relación narrativa entre a escena e a música, en termos de sincronía e cores musicais, pero demanda tamén saber rir... como lle aconteceu a Shostakovich, gran compositor para cinema, en 1926 cando, acompañando ao piano unha película de Chaplin, non puido sufocar unha sonora gargallada, gañando o seu despido fulminante.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 21 Novembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia