Pablo Sanmamed presenta o seu terceiro álbum de estudo baixo o título de Zugunruhe. Inquietude Migratória: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves. Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento. Sorprende a incorporación do óboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero ao seu habitual trío de Jazz, conformado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería, para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.
Pablo Sanmamed, contrabaixo
Benxamín Otero, óboe
Iago Mourinho, piano
Bruno Couceiro, batería