XMC · SOMOS

DATOS BÁSICOS

 

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO

SOMOS

SOMOS é un dialogo entre dous corpos e todos os seus camiños. Unha conversa que transmite unha mensaxe íntima no momento presente. Encarna e simboliza un intre de conexión. Un espazo que convida a apreciar a beleza da arte a través do movemento, da unión e o conxunto, de escoita interna e de vencello. Unha tradución activa e coexistente que xorde cando nos permitimos ser e nos habitamos de forma consciente. A acción trázase no marco da danza contemporánea determinada polo estilo persoal que caracteriza as coreógrafas, incorporando influencias doutros estilos. A singularidade desta peza reside no traballo en parella pois en todo momento ambos os corpos están unidos, un corpo feito de dúas persoas. A peza conta coa música orixinal do compositor Nico Casal, que a interpretará ao vivo nesta edición das Xornadas de Música Contemporánea.


• Dirección, coreografía e intérpretes: Carla Cervantes Caro e Sandra Egido Ibáñez

• Escenografía: lookathingsdifferent

• Vestiario: Carla Cervantes Caro

• Música orixinal e interpretación: Nico Casal, piano

• Música gravada: Mette Herniete, Origamibiro, Young Collective

• Edición musical: Sandra Egido Ibañez

• Iluminación: Grace Morales

• Son: Sandra Egido Ibáñez

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Martes, 18 Xuño, 2024
20:30
Teatro Principal