A XANELA DO MAXÍN
Idade recomendada: de 0 a 3 anos
Duración: 40 min
Lingua: sen texto
Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e as súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. Coliño é o lugar natural onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo e calor. Coliño está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre as e os bebés e a súa contorna. Coliño mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa. Coliño somos moitas e moitos. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.
Asesoría musical: Paulo Lameiro
Escenografía e construción monicreques: Daniel Rodríguez, Julia Abal e A Xanela do Maxín
Deseño de iluminación: Octavio Más Música e efectos: Lois Prado, Julia Abal e Xosé Breijo "Topo"
Elenco: Celtia Figueiras, Xosé Breijo “Topo Vidal”, Lois Prado e Julia Abal Autoría: Xosé Breijo "Topo"
Vestiario: Celtia Figueiras
Dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo
Música orixinal: Lois Prado
Gravación e montaxe vídeo: Diogo Diéguez e Isabela Costa
Produción e distribución: A Xanela do Maxín
Composición: Lois Prado