MADE IN GALIZA

DATOS BÁSICOS

SARABELA TEATRO

Idade recomendada: público adulto

Duración: 60 min

Lingua: galego

#posfunción: 16 de maio ao remate da función

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas...

Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non a imos perder nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe! A obra escrita por Séchu Sende e elixida como Libro do Ano en 2007, xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura (foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma").

Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto

Dirección: Fina Calleja

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 17 Maio, 2024
20:30
Teatro Principal
Xoves, 16 Maio, 2024
20:30
Teatro Principal