CONTRAPRODUCIÓNS
Idade recomendada: público adulto
Lingua: galego
#posfunción: 26 de abril ao remate da función
Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, dende aquela, leva buscando sen descanso. Un rapaz negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.
Elenco: Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “El Pastor”
Vestiario: Belén Piche
l Iluminación: Afonso Castro Música: Guillerme Fernández
Autor: Martin McDonagh
Versión galega: Cándido Pazó
Dirección de produción: Belén Pichel
Dirección de escena: Cándido Pazó