ESTUDO MOMENTO
Idade recomendada: >13 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
Foco A voltas cos Clásicos
#posfunción: 19 de abril ao remate da función
Adaptación do clásico de August Strindberg de 1888. A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes...< O texto de Strindberg sorprende –e atemoriza– por actual e contundente. É posible a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?
Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.
Dirección: Xoán C. Mejuto e Iria Ares Elenco: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares
Deseño de iluminación: Antón Arias
Deseño sonoro: Alberto Beade
Caracterización: Mara Collazo Vestiario: Estudo Momento
Deseño de escenografía: Xoán C. Mejuto
Produción: Estudo Momento
Co-Produción e residencia técnica: Concello de Arteixo