CEIBE

DATOS BÁSICOS

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA

Idade recomendada: >12 anos
Duración: 60 min
Idioma: galego
Foco NeoTrad

Ceibe é unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición.

Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos do día a día, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.

Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara ás marxes, e dende aí formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Elenco: Adela Otero Vázquez, Aida Tarrío Torrado, André Adrio Rodríguez, Artur Pastoriza Puga, Cristina Canosa Prado, José Adrián Casal Sío, Martín Mondragón Rivadulla, María Montero Precedo e Patricia Sanchez Seoane
Autoría e coreografía: Francisco Sieira González
Dirección artística: Sergio R. Suárez e Francisco Sieira González
Asesoras de dirección: VACAburra (Andrea Quintana e Gena Baamonde)
Composición musical:  MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá 
Deseño de luces: Fidel Vázquez Díaz
Deseño do espazo escénico: Laura Iturralde
Deseño de vestiario: Erica Oubiña
Deseño do espazo sonoro: Isaac Millán Lledo 
Técnico de son: Isaac Millán Lledo
Técnico de luces: Ángel Raúl Giraldo

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • As entradas dispoñibles para a venda en liña están esgotadas.
  • Aínda quedan algunhas para localidades de visibilidade reducida que poden ser adquiridas na Zona C· Punto de Información Cultura a un prezo de 5 € (cun desconto do 50% respecto ao prezo orixinal).  De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Tamén no despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Funcións: 
Sábado, 9 Marzo, 2024
20:30
Teatro Principal