NOSO

DATOS BÁSICOS

OS NÁUFRAGOS TEATRO

Idade recomendada: >14 anos

Duración: 70 min

Lingua: galego

#posfunción: 23 de febreiro ao remate da función

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación do lugar por causa da construción dun parque eólico é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado fan de NOSO unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.

Elenco: Denis Gómez, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Núñez e Sete Eiroa

Espazo escénico e vestiario: Marisa de La Iglesia

Deseño iluminación: Daniel Pais

Música: Os Náufragos Teatro

Axudante dirección: Irene Lorenzo

Produción: Antonio Vázquez

Duración: 
70 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 23 Febreiro, 2024
20:30
Teatro Principal