LAZONA E COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO
Idade recomendada: > 14 anos
Duración: 115 min
Lingua: castelán
Foco A voltas cos Clásicos
Un príncipe encadeado nunha montaña. Unha moza disfrazada de home en busca de vinganza. Revolución, amor, asasinato... pero en La vida es sueño é o real verdadeiramente real? Ou é todo un soño? O director Declan Donnellan e o deseñador Nick Ormerod imprimen o seu espírito característico a esta obra de Calderón da Barca, a máis famosa do Século de Ouro español, dando prioridade ao actor, ao texto e ao espazo. Un muro verde de portas dá a benvida ao público. Cando as luces se apagan, establécese unha relación entre intérprete e audiencia. Ouvimos a Calderón no noso oído, preguntando: "Que é a vida?" E a súa resposta: "Unha ilusión, unha sombra, unha ficción. Porque toda a vida é soño, e os soños, soños son". O traballo das e dos intérpretes revela unha obra que é á vez urxente, potente e profundamente contemporánea.
Elenco: Ernesto Arias, Prince Ezeanyim, David Luque, Rebeca Matellán, Manuel Moya, Alfredo Noval, Goizalde Núñez, Antonio Prieto, Irene Serrano
Dirección: Declan Donnellan
Adaptación da dramaturxia: Declan Donnellan e Nick Ormerod
Deseño de escenografía e vestiario: Nick Ormerod
Deseño de iluminación: Ganecha Gil
Deseño de son e composición: Fernando Epelde
Asesor de dramaturxia: Pedro Villora Movemento: Amaya Galeote
Director técnico: Óscar Sáinz
Rexedor: Alex Stanciu
Maquinista: Sira González
Dirección de produción: Miguel Cuerdo
Produción executiva: Elisa Fernández