CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
IL PLEUT DANS LA MAISON / ESTÁ CHOVENDO NA CASA (2023)
Paloma Sermon-Daï
Bélxica, Francia / 82 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Makenzy Lombet, Purdey Lombet, Donovan Nizet, Amine Hamidou
Ficha técnica:
Guión: Paloma Sermon-Daï
Fotografía: Frédéric Noirhomme
Edición: Thijs Van Nuffel
Produción: Sébastien Andres, Alice Lemaire
Sinopse:
Purdey, de dezasete anos, e mais o seu irmán Makenzy, de quince, viven sós e tentan desenvolverse como poden. Purdey traballa de limpadora nun complexo hostaleiro e Makenzy consegue algúns cartos roubándolles aos turistas. Entre a despreocupación da adolescencia e a dureza da vida adulta, os dous irmáns terán que se apoiar mutuamente nun verán queimón que parece que vai ser o último da súa mocidade.
Paloma Sermon-Daï (Namur, Bélxica). Licenciouse en estudos de imaxe na Haute École Libre de Bruxelles. A súa película de graduación, Makenzy, foi seleccionada en Visions du Réel no 2017. No 2020 dirixiu a súa primeira longametraxe documental, Petit Samedi. A película tivo a súa estrea mundial na sección Berlinale Forum 2020 e acadou numerosos galardóns internacionais. Il pleut dans la maison é a súa primeira longa de ficción.
Seleccionada na Semana da crítica do Festival de Cannes 2023