CINEUROPA · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO · CURTAS ZARAUZA
A 37ª edición de Cineuropa reserva unha sección especial para os proxectos en curto de Alfonso Zarauza, cineasta distinguido co Premio Cineuropa en 2020. Proxectaranse as pezas Parola de Lado e Sola (2022) e Pontevedra Hora Cero.
Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela). É un dos directores galegos cunha traxectoria máis longa e prestixiosa na actualidade. Como director realizou catro longas de ficción que obtiveron premios internacionais -La noche que dejó de llover (2008), Los fenómenos (2014), Encallados (2013), Malencolía (2021)-, un documental -A Viaxe dos Chévere (2014)-, seis curtas, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais.
PAROLA DE LADO E SOLA (2022) |
|
Galicia / 3 min / Ficción / Galego
Ficha artística:
Marta Lado, Ledicia Sola, Alfonso Zarauza, Susana Sampedor
Ficha técnica:
Guión: Alfonso Zarauza
Fotografía: Alberte Branco
Edición: Vanessa García
Produción: Sofía Arangüena |
Sinopse:
Marta Lado e Ledicia rexouban con retranca nunha cafetería sobre a situación das actrices no cinema galego cando o aposto director Alfonso Zarauza, que andaban a criticar, irrompe e senta ao seu carón.
|
PONTEVEDRA HORA CERO (2023) |
|
Galicia / 36 min / Ficción / Galego
Ficha artística:
Ledicia Sola, Melania Cruz, Marta Lado, Miguel Lores,
Ficha técnica:
Guión e produción: Alfonso Zarauza
Fotografía: Alberte Branco
Produción: Alfonso Zarauza |
Sinopse:
Un director de cinema disponse a rodar un documental sobre o milagre urbanístico de Pontevedra pero, en plena rodaxe, cae na conta de que pouco coñece a cidade e de que, ademais, o tema non lle interesa demasiado. Entra en crise creativa e decátase de que prefire facer unha ficción. Aínda que non ten claro sobre que, chama as súas actrices habituais e involúcraas no proxecto. Elas axiña notan que aquilo non vai a ningures e rebélanse contra o rumbo do director. Froito daquela rebelión acaban filmando outra cousa que é, en definitiva, Pontevedra hora cero. |