A 50 ANOS DO GOLPE EN CHILE A TRAVÉS DO CINEMA DE CARMEN CASTILLO
LA FLACA ALEJANDRA (1994)
Carmen Castillo, Guy Girard
Francia, Chile, Reino Unido / 57 min / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Carmen Castillo
Fotografía: Maurice Perrimond
Edición: Annick Breuil
Produción: Ina, France 3 (FR 3), Channel 4
Sinopse:
Marcia Merino, máis coñecida como “la flaca Alejandra”, foi dirixente dunha célula do MIR. A policía de Pinochet (DINA, Dirección de Intelixencia Nacional) deuna transformado en colaboradora a través da tortura. Foi ela quen, entre outros, delatou a Carmen Castillo, e utilizárona ademais para recoñecer os integrantes do MIR posteriormente torturados e asasinados pola DINA.
En 1992, Carmen Castillo volve a Chile para rodar este documental. É xusto daquela a época na que Marcia Merino acusa perante os tribunais os seus antigos xefes da DINA, decisión que representa un grave risco para ela, pero que á vez será unha importante contribución á memoria histórica e ao coñecemento do que representou formar parte da DINA e da ditadura.
Mellor documental no Festival de Cinema da Habana