CINEUROPA · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
OS ESPAZOS EN BRANCO (2023)
Bruno Arias
Galicia / 74 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Melania Cruz, Sheyla Fariña, Lidia Veiga
Ficha técnica:
Guión: Bruno Arias, Lucía R. Taboada
Fotografía: Miguel Gomar
Edición: Bruno Arias, Laura Piñeiro
Música: Dani Cornes
Produción: Bea Villar, Álvaro Liste
Sinopse:
As persoas somos o que somos por mor de quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias.
Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviu a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.
Bruno Arias (Vigo). Participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), e mais en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, co que desenvolve varios proxectos desde diversos lugares do proceso creativo.