CINEUROPA · DOCS CINEUROPA
NOTHING COMPARES (2022)
Kathryn Ferguson
Reino Unido, Irlanda / 97 min / Documental / Inglés
Ficha técnica:
Guión: Kathryn Ferguson, Ellie Emptage, Michael Mallie
Fotografía: Luke Jacobs
Edición: Mick Mahon
Produción: Charlotte Cook, Eleanor Emptage, Michael Mallie, Lesley McKimm, Lucy Pullin, John Reynolds, Lisa Marie Russo
Sinopse:
A historia do asombroso ascenso á fama mundial de Sinéad O'Connor e de como a súa personalidade iconoclasta a levou ao exilio do ámbito mainstream da música pop. Centrándose nas súas palabras e accións proféticas de 1987 a 1993, o filme reflexiona sobre o legado desta intrépida pioneira a través dunha perspectiva feminista contemporánea.
Kathryn Ferguson (Belfast, Irlanda). Estudou no Central Saint Martins e no Royal College of Art. Logo de dez anos realizando curtas, demostrou un compromiso co traballo documental centrado na identidade, a política de xénero e a comunidade. Amais do seu labor como documentalista, Ferguson tamén exerce como directora para distintas entidades e colaborou con clientes como Nike, Selfridges, Girls Who Code, Amnistía Internacional, Dove e Air France. Nothing compares é a súa primeira longametraxe.
Gañadora do premio ao mellor documental no British Independent Film Awards 2022
Sección Oficial de Documentais Internacionais no Festival de Sundance 2022