MARATÓN CINEUROPA 2023

DATOS BÁSICOS

O maratón da 37ª edición de CINEUROPA promete unha noite de arrepíos e emocións intensas. Velaquí os filmes que o compoñen por orde de proxección.

ACIDE / ÁCIDO (2023)
Just Philippot
Francia, Bélxica / 99 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Guillaume Canet, Laetitia Dosch, Patience Munchenbach
Ficha técnica:
Guión: Yacine Badday, Just Philippot
Fotografía: Pierre Dejon
Edición: Pierre Deschamps
Produción: Yves Darondeau, Frédéric Fiore, Cloé Garbay, Laurent Jacobs, Edouard Lameloise, Clément Renouvin, Beata Saboova, Ardavan Safaee, Bastien Sirodot
Sinopse:
Durante unha vaga de calor, unha nubes estrañas comezan a botar choiva ácida e causan destrución é pánico en toda Francia. Nun mundo ao borde do abismo, unha nena e os seus pais divorciados deben unir forzas para lle facer fronte á situación e tentar escapar desta catástrofe climática.
Sección Oficial do Festival de Sitges 2023
 
PELÍCULA SORPRESA
VINCENT DOIT MOURIR / VINCENT DEBE MORRER (2023)
Stéphan Castang
Francia, Bélxica / 108 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Karim Leklou, Vimala Pons, François Chattot
Ficha técnica:
Guión: Mathieu Naert 
Fotografía: Manuel Dacosse
Edición: Méloé Poillevé
Produción: Claire Bonnefoy, Philippe Logie, Thierry Lounas, Vincent Maraval, Olivier Père, Jean-Yves Roubin, Joseph Rouschop
Sinopse:
Vincent Borel comeza a ser atacado por persoas estrañas con claras intencións homicidas. A súa existencia como home anódino vese trastornada e, a medida que as cousas se descontrolan violentamente e o fenómeno se intensifica, vese obrigado a fuxir e cambiar a súa vida por completo. 
Estrea na Semana da Crítica de Cannes 2023
Sección Oficial do Festival de Sitges 2023
Premio ao mellor actor para Karim Leklou e á dirección revelación para Stéphan Castang en Sitges 2023

 
MÁS NEGRO QUE LA NOCHE (1975)
Carlos Enrique Taboada
México / 96 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Claudia Islas, Susana Dosamantes, Lucía Méndez
Ficha técnica:
Guión: Carlos Enrique Taboada
Fotografía: Daniel López
Edición: Carlos Savage
Produción: Alberto A. Ferrer
Sinopse:
Ao se mudaren catro mulleres a unha vella casa herdada por unha delas dunha tía que acaba de falecer, comezan a ocorrer cousas ben raras: voces desacougantes, visións espectrais e ruídos estraños fan que se teñan que enfrontar cos poderes escuros do mal.
Mellor banda sonora nos Premios Ariel 1976
PELÍCULA SORPRESA
THE WICKER MAN / O HOME DE VIME (1973)
Robin Hardy
Reino Unido / 88 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Edward Woodward, Christopher Lee, Diane Cilento
Ficha técnica:
Guión: Anthony Shaffer
Fotografía: Harry Waxman
Edición: Eric Boyd-Perkins
Produción: Peter Snell
Sinopse
Un policía recibe unha carta anónima sobre a desaparición dunha moza e vai ata a remota illa escocesa de Summerisle para investigar o caso. Ao chegar, descobre costumes totalmente diferentes das súas crenzas cristiás, xa que os habitantes da illa seguen tradicións pagás. Disposto a resolver o enigma da desaparición e sospeitando o peor, vese involucrado en intrigas arredor dos ritos da festa de Beltane.
Mellor película de terror no Saturne Awards 1979
Mellor película no Festival de Cine Fantástico e de Ciencia Ficción de París 1974

 
SETTE NOTE IN NERO / SETE NOTAS EN NEGRO (1977)
Lucio Fulci
Italia / 95 min / Ficción / Italiano
Ficha artística:
Jennifer O'Neill, Gianni Garko, Marc Porel, Gabriele Ferzetti, Ida Galli
Ficha técnica:
Guión: Lucio Fulci, Roberto Gianviti, Dardano Sacchetti
Fotografía: Sergio Salvati
Edición: Ornella Micheli
Produción:  Franco Cuccu
Sinopse:
En Florencia, o 12 de outubro de 1959, unha nena de seis anos chamada Virginia contempla mediante clarividencia o suicidio da súa nai nun cantil de Inglaterra. Pasados os anos, Virginia é unha elegante muller da alta sociedade casada con Francesco Ducci, un adiñeirado home de negocios. Aproveitando unha viaxe de traballo do seu home, Virginia decide sorprendelo e rehabilitar un antigo pazo de campo da familia Ducci. Pero, no traxecto en coche ao pazo, unha serie de alucinacións irromperán na súa mente con perturbadoras visións nas que intúe un asasinato. Logo de se recuperar e chegar ao pazo, Virginia comprobará arrepiada que unha das habitacións do lugar é exactamente igual á que viu no seu transo
SUPERVIVIENTES DE LOS ANDES (1976)
René Cardona
México / 111 min / Ficción / Español, inglés
Ficha artística:
Pablo Ferrel, Hugo Stiglitz, Norma Lazareno
Ficha técnica:
Guión: René Cardona Jr. baseado no libro de Charles Blair Jr.
Fotografía: Genaro Hurtado, Luis Medina
Edición: Marshall M. Borden, Alfredo Rosas Priego
Produción: René Cardona, René Cardona Jr.
Sinopse:
América do Sur, anos 70. Un avión, no que viaxa un equipo uruguaio de rugby, sofre un fallo en pleno voo sobre as nevadas montañas dos Andes e ten que aterrar de forma forzosa e violenta. Tras a morte da maioría dos pasaxeiros e na metade da nada, os sobreviventes sofren o terror da soidade e do frío. Por mor das baixas temperaturas, os cadáveres consérvanse en bo estado e, ao pasaren uns días, cando a fame abafa, deciden facer algo que cambiará as súas vidas para sempre: comer os compañeiros mortos. Devecendo porque algunha expedición de rescate os atope, o horror vaise apoderando máis deles cando a práctica do canibalismo se torna en algo cotián co paso do tempo. 
Candidata á mellor edición nos Premios Ariel 1976
 

 

Duración: 
13 horas e 22 min
Entradas: 

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 24 Novembro, 2023
21:00
Teatro Principal