CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Nu aștepta prea mult de la sfârșitul lumii / Non agardes moito da fin do mundo (2023)
Radu Jude
Romanía, Croacia, Francia, Luxemburgo / 163 min / Ficción / Romanés, inglés
Ficha artística:
Ilinca Manolache, Nina Hoss, Uwe Boll, Ovidiu Pîrșan, Dorina Lazar, László Miske, Katia Pascariu
Ficha técnica:
Guión: Radu Jude
Fotografía: Marius Panduru
Edición: Cătălin Cristuțiu
Produción: Radu Jude, Adrian Sitaru, Ada Solomon
Sinopse:
Unha axudante de produción sobrecargada de traballo e mal pagada debe conducir pola cidade de Bucarest para filmar a audición dun vídeo de seguridade laboral encargado por unha multinacional. Cando un dos seus entrevistados fai unha declaración que desencadea un escándalo, vese obrigada a reinventar toda a historia.
Radu Jude (Bucarest, Romanía). A primeira longametraxe de Jude, A moza máis feliz do mundo (2009), foi seleccionada en máis de 50 festivais de cinema internacionais. Seguírona títulos como Todos na nosa familia (2012), Aferim! (2015) e Scarred Hearts (2016), que levan gañado múltiples premios. A estrea internacional de The Dead Nation en Locarno no 2017 marcou o seu debut no cinema documental. A súa última longametraxe, Sexo desafortunado ou porno tolo, gañou o Oso de Ouro na Berlinale 2021.
Premio Especial do xurado no festival de Locarno 2023