CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO
ANTOINE ET ANTOINETTE / ESCAPOU A SORTE (1947)
Jacques Becker
Francia / 78 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Roger Pigaut, Claire Mafféi, Noël Roquevert
Ficha técnica:
Guión: Jacques Becker, Maurice Griffe, Françoise Giroud
Fotografía: Pierre Montazel
Edición: Marguerite Renoir
Produción: Georges André, Jean Le Duc, Roger Sallard
Sinopse:
Unha humilde parella francesa formada por Antoine e Antoinette Moulin perde un billete gañador da lotería e con iso a oportunidade de mudaren as súas vidas.
O cineasta galo Jacques Becker ofrécenos neste filme unha alegre fábula sobre o afecto, a sorte e o azar.
Gañadora do premio ao mellor filme psicolóxico e de amor de Cannes 1947