L` AVEU/ A CONFESIÓN

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN

L'AVEU / A CONFESIÓN (1970)
Costa-Gavras

Francia, Italia / 140 min / Ficción / Francés

Ficha artística:
Yves Montand, Simone Signoret e Michel Vitold

Ficha técnica:
Guión: Jorge Semprún baseado no libro homónimo de Artur London
Fotografía: Raoul Coutard
Edición: Françoise Bonnot
Produción: Robert Dorfmann e Bertrand Javal
Sinopse:
Anton Ludvik é o viceministro de Asuntos Exteriores de Checoslovaquia. Un día, é arrestado e encarcerado en confinamento solitario. O filme amosa as torturas mentais para lograr que un funcionario confese traizón.
En 1970, Costa-Gavras volveu colaborar con Jorge Semprún na adaptación da obra homónima de Artur London, publicada en 1968, na que denuncia en primeira persoa os xuízos stalinistas e as torturas das que foron vítimas os disidentes do Partido Comunista checoslovaco, entre eles o propio London, durante o famoso Proceso de Praga de 1952.
 

Duración: 
140 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Luns, 13 Novembro, 2023
17:00
NUMAX
Xoves, 16 Novembro, 2023
21:00
NUMAX
MULTIMEDIA

L'Aveu (1970) Bande Annonce VF [HD]