CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
BAAN (2023)
Leonor Teles
Portugal / 102 min / Ficción / Portugués, inglés
Ficha artística:
Carolina Miragaia, Meghna Lall
Ficha técnica:
Guión: Leonor Teles, Ágata de Pinho, Francisco Mira Godinho
Fotografía: Leonor Teles
Edición: Lívia Serpa, Sandra T.
Produción: Filipa Reis
Sinopse:
Cando deixas de sentir o teu lar como tal, deambular convértese en rutina. O tempo, o espazo e as emocións estoupan, mesturando Lisboa con Bangkok. O pasado, o presente ou se cadra o futuro entretecen unha historia que comeza cando L coñece a K.
Leonor Teles (Vila Franca de Xira, Portugal). Graduouse en dirección e cinematografía na Escola Superior de Teatro e Cinema e ten un mestrado en audiovisual e multimedia da Escola Superior de Comunicación Social do Instituto Politécnico de Lisboa. No 2016 converteuse na directora máis nova en recibir un Oso de Ouro a curtametraxes na Berlinale. Traballou como directora de fotografía nos filmes Mal viver e Viver mal de João Canijo.
Candidata a mellor filme no Festival de Cinema de Locarno 2023
Gañadora da sección Novas Visións do Festival de Reikiavick 2023