CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL
PERFECT DAYS / DÍAS PERFECTOS (2023)
Wim Wenders
Xapón, Alemaña / 123 min / Ficción / Xaponés
Ficha artística:
Yumi Asô, Tokio Emoto, Sayuri Ishikawa
Ficha técnica:
Guión: Takuma Takasaki, Wim Wenders
Fotografía: Franz Lustig
Edición: Toni Froschhammer
Produción: Reiko Kunieda, Yasushi Okuwa, Takuma Takasaki, Keiko Tominaga, Wim Wenders, Kota Yabana, Kôji Yakusho, Koji Yanai
Sinopse:
Hirayama traballa como limpador de baños en Tokio. Parece contento coa súa vida sinxela. Segue unha rutina estruturada e dedica o seu tempo libre á súa paixón pola música e os libros. Hirayama tamén ten afección polas árbores e mais a fotografía. Máis do seu pasado revélase gradualmente a través dunha serie de encontros inesperados.
Wim Wenders (Dusseldorf, Alemaña). Logo de botar unha tempada en París, en 1967 Wenders volveu a Alemaña e traballou na oficina de Dusseldorf da United Artists. Ao tempo, ingresou na Escola de Cinema e Televisión alemá. Nos tres anos que estivo estudando na escola, traballou tamén como crítico de cinema para diversas revistas e xornais. A que se considera a súa primeira longametraxe é O medo do porteiro ante o penalti (1971). O amigo americano (1977), Lóstrego sobre a auga (1980), O estado das cousas (1982), París, Texas (1982), O ceo sobre Berlín (1987) ou Tan lonxe, tan preto! (1993) son só algúns dos seus títulos máis recoñecidos.
Premio ao mellor actor para Kôji Yakusho no Festival de Cannes 2023
Sección Oficial no Festival de Cannes 2023