CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
ANATOMIE D'UNE CHUTE / ANATOMÍA DUNHA CAÍDA (2023)
Justine Triet
Francia / 151 min / Ficción / Alemán, francés, inglés
Ficha artística:
Sandra Hüller, Milo Machado Graner, Swan Arlaud, Jehnny Beth, Saadia Bentaieb, Samuel Theis
Ficha técnica:
Guión: Justine Triet, Arthur Harari
Fotografía: Simon Beaufils
Edición: Laurent Sénéchal
Produción: Marie-Ange Luciani, David Thion
Sinopse:
Durante o último ano, Sandra, unha escritora alemá, o seu marido francés, Samuel, e o seu fillo de once anos, Daniel, levaron unha vida illada nunha vila remota nos Alpes franceses. Cando atopan a Samuel morto na neve, a policía pregúntase se se suicidou ou foi asasinado e Sandra convértese na principal sospeitosa. Pouco a pouco, o xuízo tórnase nunha investigación das circunstancias da morte de Samuel e nun inquietante percorrido psicolóxico polas profundidades da conflitiva relación entre a parella.
Justine Triet (Fécamp, Francia). Graduada da Escola Superior Nacional de Belas Artes de París, realizou documentais en vídeo como Sur place (2007), Solférino (2008) e Des ombres dans la maison (2009). La bataille de Solférino é a súa primeira longametraxe de ficción. Con Sibyl (2019) competiu novamente en Cannes. Xunto a Antonin Peretjatko, Guillaume Brac, Sébastien Betbeder, Djinn Carrenard e Vincent Macaigne forma parte dunha nova vaga de cineastas franceses destacados por Cahiers du Cinéma.
Palma de Ouro do Festival de Cannes 2023
Candidata ao premio do público no Festival de Locarno 2023