A NOITE DO PATRIMONIO

Cidade Vella de Compostela
DATOS BÁSICOS

No 30 aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebramos a Noite do Patrimonio con máis forza. O concello de Santiago de Compostela programa unha ampla selección de actividades para:

• Pór en valor o patrimonio da cidade desde unha perspectiva ampla, atendendo a unha concepción patrimonial diversa, en construción e participada pola cidadanía compostelá.

• Difundir elementos patrimoniais na cidadanía compostelá co obxecto de a rmar o sentido de pertenza. 

• Promover un maior coñecemento sobre o patrimonio da cidade no conxunto da cidadanía.

• Resignificar espazos da cidade como propios fronte a un uso turístico elevado.

As accións que se propoñen encádranse en 3 liñas de actuación:

Patrimonio ao vivo: Promovendo accións artísticas que dialogan con espazos urbanos.

20:30 h. I Rúa Valle Inclán (Entrada Bonaval)

La Ribot Ensemble

Pièce distinguée núm 59  (Duración aprox. 20 min)

21:00 - 23:00 h. I Animación musical para as rúas e espazos participantes.

• Os Bregadiers partirán de Bonaval e percorrerán os diversos espazos e galerías de arte.

• Pasarrúas co grupo de música tradicional Atabal dende o Pazo de Raxoi para rematar na Praza de Mazarelos.

22:30 h. I Obradoiro de Iniciación ao baile tradicional da man de Marcos Botana (Duración aprox. 1 h)

Patrimonio aberto: Visitas guiadas, roteiros e xornadas de portas abertas en diferentes espazos tanto públicos como privados.

21:00 h. I Paseo guiado aos barrios extramuros de Bonaval, San Pedro, Belvís e Sar (Duración aprox. 1 h)

21:30 h. I Roteiro fotográfico a través da mirada do fotógrafo compostelán Manuel Blanco (Duración aprox. 1 h)

21:00 - 23:30 h. Noite de portas abertas. Visitas cada 30 min. dende as 21:00 ás 23:00 h. Grupos máx. 20 persoas

• Pazo de Raxoi, Casa do Concello 
• Zona C. Antiga Casa do Concello

Patrimonio agora: Lugares, persoas e traballos que enriquecen o patrimonio actual, como son galerías de arte e obradoiros de artesanía.

21:00 - 23:30 h.  Noite de portas abertas en espazos que traballan diariamente para crear e poñer en valor un patrimonio vivo e en constante crecemento.

GALERÍAS DE ARTE CONTEMPORÁNEO

Visitas guiadas e encontros cos responsables destes espazos culturais a fin de promover o diálogo entre a arte contemporánea e a cidadanía.

Galería Dupla. Visita guiada á exposición “Animales de Agua” de Raúl Álvarez e Manuel Moranta.

Galería Trinta. Visita guiada á exposición “Los colores más puros” de Irma Álvarez Laviada.

Fundación Didac. Portas abertas para coñecer a mostra “Nin Principio Nin Fin” da artista Françoise Vanneraud.

Patio de Luz

21.00 h. Obradoiro “Aproximación para a creación dun caderno de viaxe” (inscrición previa na galería)

23:00 h. Ritual contemporáneo e de Celebración colectiva da mano artista Wences Lamas.

Luísa Pita. A mostra de David Planas, artista a ncado en Compostela, “Con Colores y Poemas Viene el Cimarrón”, poderá verse e comprenderse visitando este espazo cultural.

Galería Metro. 22:30 h. Visita guiada para coñecer en profundidade a exposición “Museum Hall” de Pedro Peña Gil.

Galería Nordés. A Noite do Patrimonio darache a última oportunidade de coñecer a obra da artista australiana Narelle Jubelin e a súa mostra “Unname Road”.

OBRADOIROS DE ARTESANÍA

Encontros cos artistas con mostras ao vivo das técnicas de traballo e creacións.

Susi Gesto - Ourivaría. Visita ao Obradoiro de Susi Gesto, da man de quen coñeceremos as técnicas de ourivaría empregadas no traballo da ligrana e reinterpretación que fai deste proceso a través de materias máis tradicionais da artesanía Compostelá, a prata e o acibeche.

Obradoiro NoroesteXoiaría. Jose Castro, Premio Nacional de Artesanía en 2021, ábrenos as portas para mostrarnos ao vivo o traballo que realiza en Obradoiro Noroeste.

Artesáns Distrito SarMauro TrastoyLámpadas, Pablo BarreiroCerámica e Tita FragaGravado comparten barrio e espazo de traballo. As portas dos seus obradoiros estarán abertas para asistir en vivo a unha mostra do seu traballo creativo e multidisciplinar.

Funcións: 
Sábado, 16 Setembro, 2023
Varios lugares