CÍA. PEPA PLANA
Idade recomendada: > 10 anos
Lingua: castelán
Veus que no veus presenta a versión feminina das chamadas “entradas clásicas”, os números que inician un espectáculo ou enlazan escenas.
Por unha banda, e como pallasa Augusta, a Pepa Plana. Pola outra, no rol de pallasa Branca, a Clara do Ruste. Como cambian e que significado toman cando se xoga desde dúas pallasas en canto de dous pallasos? A compañía de Pepa Plana sempre reivindicou a figura da pallasa e agora presenta os números circenses máis clásicos. Trátase de rir? Si, pero non só diso, senón de falar, xogar e, quizais, morder.
Pepa Plana é Premio Nacional de Circo 2022.
Pallasa Augusta: Pepa Plana
Pallasa Branca: Clara del Ruste
Dirección: Joan Arqué
Escenografía: Xavier Erra
Asistente dirección: Inés García
Vestiario: Rosa Solé e Imma Ebjol
Coreografía: Roger Julià
Iluminación: Yuri Plana
Música: Lluís Cartes
Música e voz en ‘Tirallonga de Monosíl·labs’: Rosa Pou
Fotografía: Aureli Sendra e Tony Lara
Produción: Cia Pepa Plana
[DENTRO DO PROGRAMA CIRCO A ESCENA DE LA RED DE TEATROS Y CIRCORED. INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]