REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Joana Carneiro, directora (Sebastian Zinca, director asistente)
Karen Vourc’h, soprano
Inés Salvado, actriz-narradora
Coro (Ângela Alves, Joana Valente, André Lacerda, Luis Pereira)
Inês Pedruco, bailarina
Kaija Saariaho: La Passion de Simone (versión de orquestra de cámara)*
* Estrea en España
En colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago
a paixón de Simone
Esta noite deixarémonos levar por diversos sentidos a partir dunha das obras imprescindibles da contemporaneidade, o oratorio A paixón de Simone de Kaija Saariaho, creadora referente da composición para voz. Co subtítulo de Viaxe musical en 15 escenas, narra a vida da filósofa francesa Simone Weil, coñecida como a "virxe vermella" ou a "santa laica" cuxos escritos deixaron unha forte pegada en compañeiras como Simone de Beauvoir. Saariaho moldea a través do seu excepcional manexo das texturas orquestrais os momentos de ascetismo, iluminación, lucidez e entrega da intelectual, morta no exilio en Londres en 1943 cando tiña 34 anos por negarse a comer máis alimentos dos que se lle daban aos soldados que estaban loitando na fronte.
CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h
Joana Carneiro