RFG · DOUS CONTINENTES

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Jessica Cottis, directora

Alejandro Oliván, saxofón

  • Serguéi Prokofiev: Sinfonía núm. 1 en Re Maior, op.25 “Clásica”
  • Peter Sculthorpe: Island Songs*
  • Joseph Haydn: Sinfonía núm. 104 en Re Maior ‘Londres-Salomon’

* Estrea en España

dous continentes

Partimos neste programa cara os confíns do mundo para retornar ao corazón de Europa. Da escuridade da historia xorde a música de Prokofiev, proscrito por "formalista" mentres a súa dona, a española Lina Codina, era confinada nun gulag. Na súa Sinfonía Clásica recrea os procedementos compositivos do clasicismo, especialmente os de Haydn. Das antípodas é Peter Sculthorpe, nacido en Tasmania en 1929, quen tivo na paisaxe e nas xentes australianas a inspiración para as súas numerosas composicións. Island song é unha breve peza para saxofón e orquestra de carácter lírico e evocador. Este percorrido retorna ao núcleo da música clásica, á Sinfonía 104 Londres-Salomon de Haydn, coa que pon fin a máis de 50 anos como compositor sinfónico.

CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h

Jessica Cottis

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 21 Marzo, 2024
20:30
Auditorio de Galicia