RFG · DENDE O INEFABLE

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director

Kari Kriikku, clarinete

  • Kaija Saariaho: D’om le vrais sense
  • Erich Wolfgang Korngold: Tema e variacións op. 42
  • Kurt Weill: Sinfonía núm. 2

 Coa participación do alumnado da EAEM

dende o inefable

Prosegue a nosa homenaxe a unha compositora referente na actualidade, Kaija Saariaho. A súa música instrumental revela un sentido único da composición, coas súas amplas texturas de esencias nórdicas e riqueza tímbrica, como se recolle en D'om le vrai sens (concerto para clarinete e orquestra) no que a finesa propón unha viaxe sonora a través dos cinco sentidos. Outra viaxe, neste caso nostálxica á súa Europa natal, é a que fai Erich Korngold en Tema e variacións, escrita no exilio americano, onde tivo un gran recoñecemento como músico de cine e gañou dous Oscars. O concerto péchase coa Sinfonía núm. 2 de Kurt Weill, un compositor tamén obrigado ao exilio e que sempre reivindicou a necesidade dunha postura de compromiso ético a través da música. A sinfonía recupera o espírito da súa ópera Mahagonny pero nun ambiente sonoro máis clasicista e depurado.

CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h

Baldur Brönnimann

 

      

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 15 Febreiro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia