CONCERTO DE REIS
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO · CONCERTO DE REIS
Sebastian Zinca, director
Inés Salvado Gontad, narradora
- Piotr Ilich Chaikovski: A bela dormente (selección)
a bela dormente
O despertar á vida por amor é unha constante na música clásica. Sabémolo a través de Brunilda, Perséfone ou Brancaneves. Este é tamén o caso da obra que ocupa o Concerto de Reis, o ballet A bela dormente, en cuxa estrea se deron cita os nomes lendarios do ballet ruso: a coreografía de Petipa e a música de Chaikovski, na súa primeira colaboración. A bela dormente suaviza a crúa trama do conto de Perrault deixando toda a historia nunha loita xenérica entre o ben o mal. Malia á beleza da música e a todos os achados de A bela dormente, o ballet recibiu como única valoración un sucinto “moi bonito” do Zar Alexandro III. Co paso do tempo, o enfado de Chaikovski sería recompensado pola valoración da historia.