RFG · MAR EN CALMA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Joana Carneiro, directora

André Cebrián, frauta

  • Felix Mendelssohn:  As Hébridas, op. 26
  • John Corigliano*: Viaxe para frauta e corda
  • Moisey Samuilovich Weinberg: Concerto núm. 1 para frauta e corda op. 75
  • Felix Mendelssohn: Sinfonía núm. 3 en La menor, op. 56 “Escocesa”

*Estrea en España

 

Mar en calma

Neste programa propoñemos un paseo musical da man do lirismo de Felix Mendelssohn e do talento extraordinario do frautista galego André Cebrián. Comezamos pola abertura Mar en calma e próspera viaxe, obra inspirada nun poema de Goethe. A seguir, dous concertos para frauta: o do neoiorquino John Corigliano coa súa peza Viaxe para frauta e orquestra de cordas, composta a partir do poema de Baudelaire L’Invitation au voyage;  e o Primeiro concerto para frauta e orquestra,  do compositor polaco Moisey Samuilovich Weinberg, exilado en Rusia tras perder a toda a súa familia na Shoah. A segunda parte protagonízaa a Sinfonía núm. 3 de Mendelssohn, coñecida como Escocesa, obra que desde a escuridade inicial se afirma exultante, remitindo á capacidade da música como consolo do espírito.

CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h

Joana Carneiro e André Cebrián

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 19 Outubro, 2023
20:30
Auditorio de Galicia