RFG · NOVOS DESTINOS

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director

Alberto Rosado, pianista

  • Kaija Saariaho: Ciel d’Hiver
  • György Ligeti: Concerto para piano e orquestra
  • Sergei Rachmaninov: Danzas Sinfónicas, op. 45

       Coa participación do alumnado da EAEM   

novos destinos

Estreamos temporada coa recentemente falecida Kaija Saariaho, unha das compositoras máis importantes da actualidade. De orixe finesa e afincada en París, na súa escrita mestúrase a poética herdada de Sibelius co espectralismo e a electrónica. En Ciel d’Hiver, de 2013, a orquestra debuxa o movemento estelar a través dun complexo entramado tímbrico. O compositor transilvano György Ligeti, case o único supervivente do nazismo na súa familia, comezou o Concerto para piano e orquestra en máis de 20 ocasións, dándoo por rematado en 1981. Na súa sección de percusión empréganse asubíos, castañolas, maracas e ata un látigo! As Danzas Sinfónicas do compositor ruso Sergei Rachmaninov, exiliado nos Estados Unidos, pechan o concerto. Nelas adivíñase a lembranza de Rimsky-Kórsakov e da música tradicional rusa.

CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:15 h

Baldur Brönnimann & Alberto Rosado

 

Coa colaboración de Galicia Calidade

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 5 Outubro, 2023
20:00
Auditorio de Galicia