NINJA

DATOS BÁSICOS

GHZAFELHOS

(Teatro)

 

 

Idade recomendada: 3º a 6º Primaria

Duración: 50 min

Lingua: Galego

 

Tori é unha nena que vive no rural galego. A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais. Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola. Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.

Duración: 
50 min
Entradas: 
  • Gratuíto, previa reserva a través do formulario que mandaremos aos centros de ensino en setembro
Funcións: 
Mércores, 28 Febreiro, 2024
10:00
Teatro Principal
Mércores, 28 Febreiro, 2024
12:00
Teatro Principal