Co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural, o Festival Alguén de respira! –organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística– convoca a a primeira edición do Premio Respira! de poesía.
Poderanse presentar ao premio Respira! aqueles textos de carácter poético escritos nas diferentes linguas do alumnado galego. O tema desta edición do certame será o Cambio de Clima e os legados culturais da vida.
Cada participante poderá enviar un poema, inédito e orixinal, cunha extensión mínima de 14 versos e un máximo de 55, presentado baixo lema.
Os traballos poderanse remitir por correo electrónico ao enderezo premiorespira@gmail.com ou por correo postal dirixido ao “I Premio Respira! de poesía” / Teatro Principal de Santiago / Rúa Nova, 21 / 15705 Santiago de Compostela.
Os e as participantes dividiranse en catro categorías:
a) Educación Primaria.
b) E.S.O.
c) Bacharelato e Ciclos formativos de 1º grado.
d) Universidade e Ciclos formativos de 2º grado.
E cada unha das categorías contará coa súa correspondente dotación:
a) Educación Primaria: un premio de 200 €
b) E.S.O.: un premio de 300 €
c) Bacharelato e Ciclos formativos de 1º grado: un premio de 400 €
d) Universidade e Ciclos formativos de 2º grado: un premio de 600 €
O prazo para a presentación dos traballos comezará o luns 16 de xaneiro de 2023, e estenderase ata o xoves 16 de febreiro de 2023.