LOOP

DATOS BÁSICOS

ARACALADANZA

Idade recomendada: > 4 anos

Duración: 55 min

Lingua: sen texto

[DENTRO DO PROGRAMA DANZA A ESCENA DE LA RED DE TEATROS AUDITORIOS, CIRCUÍTOS Y FESTIVALES. INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]

Que queda tras os aplausos dunha función, xusto cando o pano cae? Que queda tras unha función e tan só unha “luz de traballo” ilumina o espazo?

Quen recolle e ordena e limpa o escenario?

Como é un escenario baleiro?

Que sucede entón?

Loop é un escenario como un lenzo en branco.

Teatro dentro do Teatro. Danza dentro da Danza.

Marca de “fábrica” de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a Loop nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira Loop.

Entre aplausos e aplausos, os que se escoitan nada máis comezar a función e os que suceden nada máis acabar, os espectadores serán testemuñas e cómplices desta aventura imaxinada na que tamén eles son parte do espectáculo.

Con fino sentido do humor que atravesa todo o espectáculo, a escenografía é o propio espazo teatral onde todo o que sucede acaba por descubrirse de tal maneira que a maxia desvela os seus propios trucos sen por iso deixar de asombrar.

Ficha artística

Idea e dirección: Enrique Cabrera

Coreografía: Aracaladanza

Intérpretes: Carolina Arija, Jorge Brea, Raquel de la Plaza, Jonatan de Luis, Aleix Rodríguez e Jimena Trueba

Asistente de dirección e coreografía: Raquel de la Plaza

Composición musical: Luis Miguel Cobo

Música adicional: A. Vivaldi

Deseño de espazo escénico e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)

Deseño de iluminación: Pedro Yagüe (AAI)

Deseño de vídeo escena: Álvaro Luna (AAI)

Deseño e realización do atrezzo: Ricardo Vergne (AAPEE)

Realización vestiario: Verónica Expósito e Mer Lacostu

Realización escenografía: Mambo Decorados

Pintura de panos: María Calderón

Fotos do espectáculo e imaxe cartaz: Pedro Arnay

Vídeo promoción: Ana Verastegui

Deseño cartaz: Beatriz Sánchez Maceda

Técnico iluminación e vídeo en xira: Enrique Chueca e Edu Berja

Técnico maquinaria en xira: Óscar Alonso e Miguel Ángel Guisado

Deseño de produción: Javier Torres

Produción executiva: Patricia Torrero e Enrique Cabrera

© Fotografía: Pedro Arnay

Duración: 
55 min
Entradas: 

3 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 27 Maio, 2023
18:30
Auditorio de Galicia