LUSTIG MEDIA SLU
Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 90 min
Lingua: castelán
Este é o espectáculo que todos os seguidores de Tricicle quererán ver porque conta os segredos dunha compañía moi querida alá onde fora. ¡Por fin solo! aparece no momento máis oportuno coma se dun making of da vida de Tricicle se tratara. É un espectáculo baseado en feitos reais que fará rir a aqueles que queiran saber máis dunha compañía, que, según dixo, forma parte da memoria emocional do noso país. Por fin solo! non é unicamente un monólogo. É un espectáculo que combina o que se di e como se conta a través do xesto e a palabra de Carles Sans, quen perfila unha galería de divertidos e entrañables personaxes, conseguindo unha fantástica empatía entre o actor e os/as espectadores/as. A súa expresividade xestual e as súas historias farán gozar aos/ás “tricicleiros/as” porque descubrirán vivencias moi divertidas que aínda ninguén coñece.
Ficha artística
Dirección: José Corbacho e Carles Sans
Produción: Lustig Media Slu
Guión: Carles Sans
Produción: Lustig Media
Administración: Arantxa Rodríguez
Reparto: Carles Sans
Coordinador técnico: Sergi Illa
Técnico iluminación e son: Ricard Pons