TALÍA TEATRO
Idade recomendada: >18 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
#posfunción: 12 de maio ao remate da función
[DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. AGADIC. XUNTA DE GALICIA]
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade para toda a comunidade.
Ficha artística
Dirección: Tito Asorey
Autor: Henrik Ibsen
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Reparto: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala