Estrea absoluta
Idade recomendada: >5 anos
Duración: 55 min
Lingua: galego
#posfunción
The Great Greta é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de The Great Greta sorprendan a toda clase de público.
Ficha artística
Idea orixinal: Greta Marí
Dirección: Paula Quintas
Axudante de dirección: Arturo Cobas
Reparto: Greta Marí
Deseño de Iluminación e escenografía: As dúas e punto
Deseño sonoro: Sara Martínez
Vestiario: Vanessa Parente
Deseño gráfico foto e vídeo: Sonia García
Produción: Greta Marí e Beatriz López