CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO / FILMIN
REMOVENDO A TERRA (2022)
Margarita Teijeiro, Antonio Caeiro
Galicia / 71 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Documental. Interveñen: Fran Alonso, Lourenzo Fdez. Prieto, Gustavo Hervella, José Carlos Sáchez, Antonio Míguez, Fernando Serrulla, Ana Mosquera, Vitoria Lareu, Margarita Teijeiro, Patricia Arias, Manuela Iglesias, Amalita Limeres, Rosalía Génova, Manolo Eiras, Loliña Cores, Andrés Roo, Luisa Alonso, Familia Castro Lojo
Ficha técnica:
Guión: Antonio Caeiro
Fotografía: José Luiz Oubiña
Música: Arturo Solar
Edición: O Faiado da Memoria
Produción: O Faiado producións e O Faiado da Memoria, co apoio financeiro do Plan Cuadrienal da Memoria Democrática
Sinopse:
Un grupo de médicos forenses, arqueólogos e historiadores, coordinados —por primeira vez en corenta anos de democracia— pola Universidade de Santiago, e coa axuda do goberno español e de Galicia, inicia a exhumación dunha fosa común en Vilagarcía de Arousa. Esta é a historia dos que buscan e de quen os busca. Familia e científicos cun mesmo fin: escavar e mostrar a memoria oculta baixo a terra.
Antón Caeiro (Gondomar) e Margarita Teijeiro (Vilagarcía de Arousa). Son creadores e responsables do Faiado da Memoria, asociación e produtora dedicada a recoller e difundir materiais gráficos, sonoros e audiovisuais de Galicia, principalmente en Vilagarcía de Arousa. 25x24 (1985), Aillados (1988-2001), A memoria nos tempos do volfram (2003), Esta noite, velada (2009), A volta dos nove (2014), Ecos de Cortegada (2016), Resonancias do pasado (2020), Removendo a terra (2022) ou Historias arredor da vida (2022) son algúns dos seus títulos.
Ao finalizar a proxección haberá coloquio.