CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
LA CLUB VIRGINIA (2021)
Manuel Iborra
España / 72 min / Documental / Español
Ficha artística:
Jorge Sanz, Antonio Resines, Juan Echanove, Enrique San Francisco, Santiago Ramos, Emma Suárez, Pau Riba, Manuel Iborra
Ficha técnica:
Guión e edición: Manuel Iborra
Son: Carmen Mellado, Javier Fernández
Música: Santi Arisa
Produción: Andrés Pérez, Miguel Mesas
Sinopse:
Documental sobre o filme de 1992 Orquesta Club Virginia, protagonizado por un elenco abraiante, con Jorge Sanz, Antonio Resines, Santiago Ramos, Enrique San Francisco, Juan Echanove, Pau Riba e Emma Suárez. Manuel Iborra constrúe unha crónica agridoce do que foi unha rodaxe repleta de problemas de todo tipo, persoais e mais cinematográficos, pero que tamén é un canto de amor ao cinema. Un retrato do fracaso dun director superado pola película e da inquebrantable amizade que se forxou entre os seus protagonistas.
Manuel Iborra (Alacante). Estudou na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Ciencias da información, pola rama de Imaxe. Completou a súa formación no TEI (Teatro Experimental Independente) e traballou en cinema, teatro e televisión. Caín (1986), Orquesta Club Virginia (1992), El tiempo de la felicidad (1997), La dama boba (2006), La fiesta de los locos (exhibida neste festival no 2016) e La club Virginia (2021) son os títulos dalgúns dos seus traballos.
Ao finalizar a proxección haberá coloquio.