CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
BARAJAS (2021)
Javier Izquierdo
Ecuador / 63 min / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Javier Izquierdo
Fotografía: Tomás Astudillo
Edición: Ana María Prieto
Produción: Tomás Astudillo
Sinopse:
Explora a azarosa morte de Ángel Rama, Marta Traba, Manuel Scorza e Jorge Ibargüengoitia nun accidente aéreo en 1983, preto do aeroporto madrileño de Barajas. A través dos arquivos audiovisuais destes catro autores -procedentes de diferentes países de América Latina e residentes daquela en París- o cineasta indaga no imaxinario dos escritores latinoamericanos da segunda metade do século XX, dominado polas ditaduras e exilios que marcaron a toda unha xeración.
Javier Izquierdo (Quito). Estudou Comunicación Social na Universidade Politécnica Salesiana de Quito (UPS) e traballou como fotógrafo freelance. Foi profesor de guión na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e investigador da Cinemateca Nacional do Ecuador. Os documentais Augusto San Miguel ha muerto ayer (2003), Un secreto en la caja (2016) e Barajas (2021) e mais a ficción Panamá (2019) son algúns dos seus títulos.
Premio da crítica á mellor película latinoamericana no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai 2022.
O xoves 17 haberá presentación e coloquio.