CINEUROPA
NOVOS/AS CINEASTAS
TENGO SUEÑOS ELÉCTRICOS (2022)
Valentina Maurel
Costa Rica, Bélxica, Francia / 101 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Reinaldo Amien Gutiérrez, Daniela Marín Navarro, Vivian Rodríguez, José Pablo Segreda Johanning
Ficha técnica:
Guión: Valentina Maurel
Fotografía: Nicolas Wong
Edición: Bertrand Conard
Produción: Wrong Men / Wrong Men North, Geko Films, Tres Tigres Films
Sinopse:
Eva non atura que a súa nai queira reformar a casa e desfacerse do gato, que, desorientado desde o divorcio, ouriña por todas partes. Quere marchar e vivir co pai, que, desorientado tamén coma o gato, está a vivir unha segunda adolescencia. Eva segue sen rumbo o seu pai mentres tenta reconectar co seu desexo de se converter en artista e volver atopar o amor. Mais, como alguén que cruza un océano de adultos sen saber nadar, Eva tamén descubrirá a carraxe que a corroe, e que, sen sabelo, herdou del.
Valentina Maurel (San Xosé, Costa Rica). Estudou dirección de cinema no INSAS de Bruxelas. A súa curtametraxe de gradación, Paul is here, recibiu no 2017 o primeiro premio na sección Cinéfondation do Festival de Cannes. A súa segunda curta, Lucía en el limbo, presentouse na Semana da Crítica do certame francés e mais no Festival de Toronto, e recibiu o primeiro premio no Festival de Guanajuato (México).
Mellor dirección, actriz e actor no Festival de Locarno 2022
Mellor película latinoamericana no Festival de San Sebastián 2022