CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
LAS CARTAS PERDIDAS (2022)
Amparo Climent
España / 75 min / Documental / Español
Ficha artística:
Marisa Paredes, Alba Flotes, Julieta Serrano, Nora Navas, Ana Belén, Tina Sainz, Luisa Gavasa, Rosana Pastor
Ficha técnica:
Guión: Amparo Climent
Fotografía: Pablo D. Solas
Edición: Bárbara Antonaya, Amparo Climent
Produción: Mitad & Mitad Producciones, Filmakers Monkeys, Tarannà Films
Sinopse:
Tras o golpe de estado, o réxime de Franco aproveitou a vitoria para castigar de forma cruel e salvaxe á poboación republicana. Máis de 250.000 españois foron encerrados en campos de concentración e en cárceres. A represión contra as mulleres foi aínda máis dura, con violacións, humillacións vexatorias e rapadas de pelo. Moitas destas mulleres escribíronlles cartas aos seus familiares ou amigos antes de morreren ou durante o seu encarceramento. Este documental atopa e difunde esas cartas para que o seu nome non se borre da historia.
Amparo Climent (Valencia). Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou varias exposicións individuais e colectivas en Europa e América. Estuda cinema, guión e dirección. É autora de curtametraxes como El viaje de Robles, ADN, Recuerdos en el jardín ou La buena noticia. É guionista e directora da longametraxe documental As bágoas de África, codirectora xunto con Héctor Melgares de Los sueños de Idomeni e directora de Las cartas perdidas.