CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
REGRA 34 (2022)
Júlia Murat
Brasil, Francia / 100 min / Ficción / Portugués
Ficha artística:
Lucas Andrade, Julia Bernat, Lorena comparato
Ficha técnica:
Guión: Julia Murat, Rafael Lessa, Roberto Winter
Fotografía: Leo Bittencourt
Edición: Júlia Murat
Produción: Esquina Filmes, Bubbles Project
Sinopse:
Simone é unha estudante de dereito que loita por defender a mulleres en casos de violencia machista. Para poder pagar as facturas, Simone expón o seu corpo nun sitio porno onde interpreta escenas sexuais en directo. Consciente dos seus privilexios como unha profesional educada e independente, a protagonista cre que pode explorar a súa sexualidade sen lle render contas a ninguén. Así e todo, non esquece o que significa ser unha muller negra en Brasil nin a vulnerabilidade que acompaña esta 'etiqueta' a nivel social e histórico.
Júlia Murat (Río de Xaneiro, Brasil). Directora, produtora, guionista e editora. Dirixiu os documentais Dia dos pais (2008), xunto a Leo Bittencourt, e Operações de garantia da lei e da ordem (2017), e mais as ficcións Histórias que só existem quando lembradas (2011), estreada no Festival de Venecia, e Pendular (2017), que se exhibiu na 31ª edición de Cineuropa e acadou o premio FIPRESCI na Berlinale. Regra 34 obtivo o máximo premio do Festival de Cinema de Locarno.
Mellor película no Festival de Locarno 2022