CINEUROPA
NOVOS/AS CINEASTAS
FIFI (2022)
Jeanne Aslan, Paul Saintillan
Francia / 109 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Céleste Brunnquell, Quentin Dolmaire, Chloé Mons
Ficha técnica:
Guión: Jeanne Aslan, Paul Saintillan
Fotografía: Alan Gichaoua
Edición: Aymeric Schoens
Produción: Haïku Films
Sinopse:
Nancy, leste de Francia. Verán. Tratando de fuxir do seu problemático contorno familiar, Sophie, unha moza de 15 anos, aproveita a oportunidade de facerse cun xogo de chaves da casa da súa adiñeirada amiga Xade. Mentres goza da ampla vivenda, que cría baleira durante o verán, atópase co irmán maior da súa amiga, Stéphane, quen, por azares do destino, tamén estaba a planear quedar. Mais, no canto de botala, Stéphane decide deixar a porta aberta e convida a Sophie a un verán inesperado.
Jeanne Aslan (Estambul, Turquía). Dirixiu as curtametraxes Jeux de mains (2005) e 20 ans et de la poussière (2011). Fifi é a súa primeira longametraxe.
Paul Saintillan (Lille, Francia). A súa filmografía inclúe as curtas Margot mise à nu (2001), La vie est un singe (2002), Conflit de canards (2004), Cauchemar du promeneur solitaire (2005), Cauchemar du perdeur des clés (2005) e La piqûre (2012). Actualmente traballa no documental La bourboule, somewhere out of time. Fifi é a súa primeira longametraxe.
Premio novos directores no Festival de San Sebastián 2022