CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
PETITE FLEUR / PEQUENA FLOR (2022)
Santiago Mitre
Arxentina, Francia / 98 min / Ficción / Francés, español
Ficha artística:
Daniel Hendler, Vimala Pons, Melvil Poupaud, Sergi López, Françoise Lebrun, Eric Caravaca
Ficha técnica:
Guión: Mariano Llinás, Santiago Mitre. Baseado na novela de Iosi Havilio
Fotografía: Javier Juliá
Edición: Andrés P. Estrada, Alejo Moguillansky
Produción: Maneki Films, La Unión de los Ríos, Logical Pictures, Setembro Cine
Sinopse:
A película conta a historia de José, un cidadán arxentino que recentemente marchou a Francia coa súa parella e a súa filla, e que coñece o seu novo veciño. Nun impulso, mentres escoita a peza de jazz Petite Fleur, mata o seu novo amigo. Mais o día seguinte, para abraio de José, o seu veciño é a viva imaxe da saúde. Decide matalo de novo. A partir dese intre, José vese atrapado nunha estraña rutina diaria: coidar o bebé e a casa, tratar de salvar a súa relación... e matar o seu inconsciente veciño.
Santiago Mitre (Bos Aires, Arxentina). É guionista de Leonera e Carancho (Selección oficial Cannes 2008 e 2010), ambas as dúas dirixidas por Pablo Trapero. El estudiante (2011), a súa ópera prima, gañou BAFICI e o Premio Especial do Xurado (Cineasti do Presente) no Festival de Cinema de Locarno. Paulina (premio Semana da Crítica de Cannes 2016) e La cordillera (candidata á sección ‘Un certain regard’ no 2017) son outros dos seus títulos.
Sección Noves Visions (fóra de concurso) no Festival de Sitges 2022