CAPTAIN VOLKONOGOV ESCAPED/ A FUGA DO CAPITÁN VOLKONOGOV

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

CAPTAIN VOLKONOGOV ESCAPED - A FUGA DO CAPITÁN VOLKONOGOV (2021)

Aleksey Chupov, Natalya Merkulova

Rusia, Francia, Estonia / 126 min / Ficción / Ruso

Ficha artística:

Yuriy Borisov, Vladimir Yepifantsev, Aleksandr Yatsenko, Natalya Kudryashova, Timofey Tribuntsev

Ficha técnica:

Guión: Aleksei Xupov, Nataixa Merkulova, Mart Taniel

Fotografía: Mart Taniel

Edición: François Gédigier, Mukharam Kabulova

Produción: Place of Power, Look Film, Homeless Bob Production, KinoVista

 

Sinopse:

O capitán Fyodor Volkonogov, un respectado e disciplinado axente da lei da URSS, é testemuña de como comezan a interrogar aos seus compañeiros de maneira sospeitosa. Presentindo que se achega a súa quenda, foxe e axiña vese perseguido polos seus antigos camaradas. Vulnerable e desesperado, Fyodor decatarase do tipo de causa da que formara parte e de que o arrepentimento é o único xeito de escapar do tormento eterno do inferno. Pero o tempo esgótase e a cacería achégase a el.

 

Aleksey Chupov (Moscova, Rusia). É o creador das primeiras comedias da internet rusas. Amais de realizar numerosos documentais históricos, escribiu o guión de varias series de televisión. En 2013 dirixiu e escribiu, xunto a Natalya Merkulova, a longametraxe Intimate Parts. No 2018 repetiron equipo en O home que sorprendeu a todos.

 

Natasha Merkulova (Orenburg, Rusia). Estudou xornalismo e traballou como presentadora de televisión antes de realizar estudos superiores en guión e dirección. Amais de dirixir series, anuncios comerciais e videoclips, escribiu e dirixiu con Aleksey Chupov Intimate Parts e O home que sorprendeu a todos.

 

Sección Oficial Festival de Venecia 2021

Premio CIMA á mellor película no Festival de Xixón 2021

Mellor dirección artística no Festival de Cinema de Chicago

Duración: 
126 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 7 Novembro, 2022
22:00
Teatro Principal
Martes, 8 Novembro, 2022
22:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Trailer de Captain Volkonogov Escaped — Капитан Волконогов бежал (HD)