CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
EL SOSTRE GROC / O TEITO AMARELO (2022)
Isabel Coixet
España / 94 min / Documental / Catalán, español
Ficha técnica:
Guión: Isabel Coixet
Fotografía: Nadia Zafra
Edición: Mariona Solé Altimira
Produción: Miss Wasabi Films
Sinopse:
No 2018 un grupo de nove mulleres presentou unha denuncia contra dous dos seus profesores da aula de Teatro de Lleida por abusos sexuais acontecidos entre os anos 2001 e 2008, cando eran adolescentes. Foi demasiado tarde. Por medo, por vergoña, porque lles levara moito tempo entender e dixerir o que pasara, a denuncia chegou cando o caso xa prescribira. O que non sabían era que, malia a esa prescrición, os seus testemuños estaban a abrir unha porta na que se cadra non todo estaba perdido.
Isabel Coixet (Sant Adrià de Besòs). Acadou o recoñecemento internacional coa súa segunda longa, Cosas que nunca te dije (1996). La vida secreta de las palabras (2005) presentouse en Venecia e obtivo dous premios Goya. Competiu en Berlín con Mi vida sin mí (2003), Elegy (2008), Nadie quiere la noche (2015) e Elisa e Marcela (2019), e en Cannes con Mapa de los sonidos de Tokio (2009). En 2018 The Bookshop (A librería) conseguiu os Goya á mellor película, dirección e guión adaptado.
Sección oficial (fóra de competición) no Festival de San Sebastián 2022