CREADORES DE CONCIENCIA. 40 FOTÓGRAFOS COMPROMETIDOS_AUDITORIO

DATOS BÁSICOS

Creadores de conciencia é un proxecto que nace por iniciativa de DKV, unha empresa que conmemora o vixésimo aniversario da súa obra social co xeneroso empeño de pór en valor o traballo das persoas que se dedican á fotorreportaxe e recoñecer con iso a transcendencia do seu oficio: engadir luz á escuridade e dar voz a quen non a ten.

O labor desta profesión sostén a primeira fronte da veracidade na comunicación e sobre el descansa a credibilidade dos medios que publican as súas imaxes. Practican un oficio voluntariamente silencioso, vocacional ás veces, e con grandes doses de risco e desprezo á comodidade persoal e á seguridade económica.

Adoitan ser persoas solitarias, afeitas ao oficio de cazar, dotadas dun sentido da realidade extremo, hábiles na estratexia do achegamento e da máis diversa procedencia en intereses e formación. Ancoradas ao seu compromiso profesional, á decisión voluntaria que as levou até alí, a súa meta é a foto, e non lles preocupa a súa transcendencia nin repercusión. Non pretenden adoutrinar a ninguén e, con todo, a forza das súas imaxes provoca conciencia e torce vontades aínda ao seu pesar.

Coa acusación, por veces, de esteticistas da miseria humana, o seu traballo instálase na xestión do contido e da súa forma. É o eterno problema da comunicación das catástrofes humanas, cando a dureza do contido se representa baixo unha soberbia forma estética. En non poucos casos esas acusacións adoitan ser o subterfuxio ao que se acolle quen prefire defender o paraíso da non conciencia.

O traballo dos corenta profesionais da fotografía exposto aquí conforma un mapa de feitos que resultan ao cabo un retrato veraz dos dilemas aos que se enfronta a comunidade mundial no seu presente e no seu futuro. Un debuxo trazado sobre unhas imaxes que falan de compromiso, testemuño persoal e excelencia profesional. [Chema Conesea, comisario]

Chema Conesa (Murcia, 1952) é licenciado en filosofía e letras, na especialidade de historia da arte e en imaxe e xornalismo. En El País, acabou cubrindo, como fotógrafo, os acontecementos diarios da nova democracia española. O retrato editorial ocupou case toda a súa produción fotográfica. Desde 2012 traballa de forma independente. Actualmente continúa o seu labor fotográfico e editorial e é comisario de exposicións e editor de libros. No ano 2010 recibiu o premio Bartolomeu Ros á traxectoria profesional e, en 2012, o Premio de Fotografía da Comunidade de Madrid.

FOTOXORNALISTAS

Samuel Aranda, Bernat Armangué, Walter Astrada, Sandra Balsells, Lurdes R. Basolí, Javier Bauluz, Clemente Bernard, Pep Bonet, Manu Brabo, Olmo Calvo, Sergi Cámara, José Cendón, José Colón, Javier Corso, Ricky Dávila, Juan Manuel Díaz Burgos, Ricardo García Vilanova, Antonio González Caro, Diego Ibarra Sánchez, Sebastián Liste, J.M López, Andoni Lubaki, Kim Manresa, Enric Folgosa Martí, Andrés Martínez Casares, Maysun, Fernando Moleres, Alfonso Moral, Emilio Morenatti, Daniel Ochoa de Olza, Ana Palacios, Santi Palacios, Judith Prat, Abel Ruiz de León, Rafael S. Fabrés, Gervasio Sánchez, Carlos Spottorno, Rafael Trobat, Guillem Valle e Mingo Venero.

ADVERTENCIA

Esta exposición contén imaxes que poden ferir a sensibilidade do público

______

VISITAS GUIADAS ATÉ VENRES 27 DE MAIO

HORARIO DE VISITAS GUIADAS

De luns a venres de 10.00 a 14.00h

Martes de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h

Para outros horarios, consultar

DURACIÓN: 60 ‘ aprox.

REALIZA AS VISITAS: Andrea Prego Torres, alumna en prácticas do Máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da USC

GRUPOS: de máximo 20 persoas e mínimo de 5

RESERVA A TÚA VISITA

Telf. 981574152 (de luns a venres de 9.00 a 14.00h)

exposicions@auditoriodegalicia.org

Entradas: 
  • APERTURA 16 DE FEBREIRO ÁS 20.00 H
  • PROTOCOLO DE ACCESO SEGÚN MEDIDAS SANITARIAS VIXENTES

___

  • HORARIO Sala Isaac Díaz Pardo_Auditorio de Galicia
  • Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

    (Os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)

  • Entrada de balde

  • ADVERTENCIA: Esta exposición contén imaxes que poden ferir a sensibilidade do público

Para consultar o protocolo de acceso preme aquí

 

Funcións: 
Mércores, 16 Febreiro, 2022 a Domingo, 29 Maio, 2022
Auditorio de Galicia