A PANADARÍA
Un cartel colga do manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas cun sistema turístico precarizador.
As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.
Neste novo espectáculo as fundadoras da Panadaría formúlanse estas preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sustentable? Quen limpa a casa da limpadora?
Hai persoas que nunca limparon un váter e hai outras que limpan cincocentos ao mes.
As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.
Reparto e creación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
Apoio na dramaturxia e ollada externa: Paula Carballeira
Caracterización e vestiario: Esther Quintas
Espazo sonoro: Ailén Kendelman
Escenografía: Beatriz de Vega
Axudante de escenografía: Daniela Rodas
Iluminación: Del Ruíz
Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Produción: Ailén Kendelman
Axudante de produción: Celina F. Ponte
Deseño gráfico: Noelia Castro
Cartel: Carla Berrocal
#posfunción o día 24 de marzo ao remate do espectáculo
Idade recomendada: > 18
Lingua: galego