SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. HOMENAXE A ALAIN TANNER
Alain Tanner
Suíza / 120 min / Ficción / Francés
Ficha artística
Karin Viard, Cécile Tanner, Jean Quentin Châtelain, Antoine Basler
Ficha técnica
Guión: Alain Tanner
Fotografía: Denis Jutzeler
Edición: Monika Goux
Produción: Filmograph SA, Noë Films
Rosemonde vende a súa vida a unha gran cadea de televisión privada suíza, que compra ás vítimas de crimes os dereitos para a adaptación cinematográfica da súa historia. Oito anos antes, á idade de 20 anos, Rosemonde matou a un home que tratou de violala. Perante a falta de testemuñas, o xuízo fracasara. Kevin, o produtor, pídelle a Paul, un novo escritor, un guión sobre a vida de Rosemonde nesa época. Pero ela semella incapaz de lembrar o pasado e encérrase en si mesma cando Paul intenta interrogala. Entón Marie, unha actriz, visita a Rosemonde. Prometéronlle o papel de Rosemonde se consegue facela falar. Esta película conta a estraña relación entre dúas mulleres de distinto nivel social, e da amizade que se crea entre elas. Canto máis se achegan mutuamente, máis perciben que non poden xogar o xogo que lles esixen. É a historia dunha persoa que salva a outra e, á súa vez, a outra salva á primeira.
«Fourbi retoma os motivos e personaxes d’A salamandra 25 anos despois, rozando a vitalidade das películas máis antigas con flema e ás veces ata con indolencia. Unha vez máis, Tanner apunta aos escarmentados porque el tamén o é. (...) Fourbi é unha balada estival que reúne a un grupo de mozos que en circunstancias normais nunca se coñecerían. (...) Xuntos, inventan unha cultura da resistencia». Martin Schaub, Filmbulletin 1996