(IN)VISIBLES E SONORAS
Do 1 ao 29 de xuño celébranse en Compostela as Xornadas de Música Contemporánea organizadas polo Concello de Santiago (Compostela Cultura), o CGAC, a USC, a Deputación da Coruña e o Consorcio da cidade.
Serán un total de tres coloquios e nove concertos que ofrecen programas con obras compostas por mulleres case na súa totalidade. De aí o título desta edición, que responde a que o eixo transversal de todo o ciclo son as mulleres: compositoras, intérpretes, estudosas… Os eventos serán no Auditorio de Galicia, Teatro Principal, CGAC e Praza das Praterías.
- DESCARGA AQUÍ O FOLLETO COA PROGRAMACIÓN COMPLETA
- DESCARGA AQUÍ O CARTEL DESTA EDICIÓN